Módulo de reprodución
A través deste módulo podes botarlle unha ollada ao teu proxecto a segundo o vas construíndo. Grazas a este recurso, podes detectar en que puntos da liña de tempo a túa animación necesita de axustes, engadir mais fotogramas ou pode que teñas que cambiar a velocidade á que queres que transcorran as imaxes, todo depende de ti, lembra que es o director!
 
Fig. 25 Interface do módulo de reprodución
Consello: Cada vez que queiras consultar o Módulo de reprodución, só tes que premer a combinación Ctrl + 2.
 
Fig. 26 Menú de Módulos, acceso a Reprodución
Moi ben, agora vexamos cales son as ferramentas que forman parte deste módulo:
Panel de control
Se algunha vez tes usado un DVD, unha gravadora ou un equipo de son, 
seguramente xa sabes cal é a función deste compoñente. Correcto! grazas a
 este grupo de botóns podes reproducir, deter e rebobinar o teu proxecto
 de animación todas as veces que queiras, que seguramente serán moitas, 
pois é a partir da observación continua e coidadosa do teu traballo, que
 detectaras posíbeis erros na túa animación e realizar os respectivos 
axustes, logrando que o resultado sexa cada vez máis agradábel e que co 
tempo, os teus proxectos sexan máis sorprendentes. 
 
Fig. 27 Panel de control
Panel de propiedades
Neste panel, situado na parte inferior do Módulo de animación, atoparemos os seguintes recursos: 
 
Fig. 28 Panel de propiedades